Monthly Archives: April 2016

Probas de avaliación individualizada 3º EP e de Final de EP

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA

3º EP E FINAL DA EP

 

 

Estas avaliacións individualizadas terán carácter censual e aplicaranse a todo o alumnado que no curso 2015/2016 estea realizando 3º de Educación Primaria ou 6º de Educación Primaria no centro.

 

 

Finalidade

 

De conformidade cos números 7 e 8 do artigo 12 do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

 

A avaliación individualizada de terceiro curso ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición de competencias en comunicación lingüística e de competencia matemática.

 

A avaliación final de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como os logros dos obxectivos da etapa.

 

 

Datas

 

11, 12 e 13 de maio: Avaliación Individualizada de Final da Educación Primaria

 

24 e 25 de maio: Avaliación Individualizada de 3º de Educación Primaria